Convocado o XII Concurso de Traballo por Proxectos para o curso 2025/26

Mar, 07/04/2026 - 10:26
Logo Concurso de traballo por proxectos. O lombo duns libros

Xúntase a Resolución do 30  de marzo de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca o XII Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para o curso 2025/26.

O prazo de presentación dos traballos remata o día 15 de xullo de 2026.

A solicitude realizarase a través do aplicativo https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/