G2501137 Vivenciación matemática na aula. O sentido alxébrico e o pensamento computacional en educación primaria

Curso de matemáticas para profesorado de primaria centrado no sentido alxébrico e o pensamento computacional de maneira práctica.
Ven, 27/03/2026 - 09:46
Vivenciación matemática na aula
Vivenciación matemática na aula

Datas: os mércores, 15 e 29 de abril e 6 e 27 de maio.

Horario: 17 - 20:30 horas

Lugar: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)

Obxectivos
1.Abordar o ensino e aprendizaxe do sentido alxébrico e computacional en educación primaria.
2.Experimentar a vivenciación e manipulación nas aulas de matemáticas de educación primaria.
3.Levar a cabo experiencias de vivenciación e manipulación de xeito guiado na aula.

Contidos
1.O sentido alxébrico e pensamento computacional en educación primaria.
2.Manipulación e vivenciación previa á simbolización.
3.O razoamento lóxico como piar da construción do coñecemento matemático.
4.Resultados de aprendizaxe neste bloque do currículo integrando os sentidos estocástico e socioemocional de xeito transversal. 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI