Título node Learning object
Materiais dixitais accesibles
Xov, 26/03/2026 - 12:31
Do 6 de abril ao 31 de agosto celebrarase a décima edición do curso Materiais dixitais accesibles da UNED, Real Patroado sobre Discapacidade e Fundación ONCE.
Existen estratexias e recursos fáciles de utilizar que permiten que os nosos textos, imaxes e vídeos cheguen a unha audiencia máis ampla, incluíndo a persoas con e sen discapacidade, con maior impacto na internet, e cumprindo coa ética e coa legalidade vixente. Por iso, o temario é o seguinte:
- Materiais dixitais
- Accesibilidade de material multimedia (información sonora e visual)
- Accesibilidade de textos dixitais (textos e imaxes)
- Mini-vídeos Docentes Modulares
- Mini-libros Electrónicos Modulares
Para realizar a inscrición deben acudir á seguinte ligazón e en caso de desexar máis información, déixase un correo de contacto: canalfundaciononce@adm.uned.es