Convócase concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Lun, 23/03/2026 - 09:31

 Convócase  concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (Orde de 12 de marzo de 2026,  DOG nº54, do 23 de marzo).

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles dende o día seguinte a publicación no DOG e remata o  día 15 de abril de 2026.

A solicitude de participación xerada previamente na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt, xunto coa documentación precisa, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), e dirixirase ao departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional  da provincia correspondente.