Título node Learning object
O 29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL no salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, unha nova edición desta xornada dedicada ás Humanidades Dixitais e ás tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.
O obxectivo desta xeira é presentar o nodo galego, conformado polo ILG e polo CiTIUS, e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia. Ademais de conferencias e comunicacións por convite, durante o evento presentaranse pósters de proxectos, liñas de investigación, recursos ou grupos de investigación relacionados coas liñas temáticas da Xeira.
Se queredes presentar un póster do voso proxecto, liña de investigación, recurso ou grupo de investigación nesta xeira, convidámosvos a enviar un resumo ao seguinte enderezo electrónico: ilgsec@usc.gal.
Data límite para o envío do resumo: 17 de abril de 2026
Notificación de aceptación da proposta: 30 de abril de 2026