Instrución 2/2026 pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as revisións e as reclamacións finais nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2025/26
Mar, 17/03/2026 - 09:40
Publícase a Instrución 2/2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as revisións e as reclamacións finais nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2025/2026
Como principais novidades deste curso:
- Os centros públicos tramitarán os expedientes de revisión no centro e de reclamación ante o/a Director/a Territorial a través do aplicativo Protocolos Educativos. Antes do inicio dos prazos de revisión publicarase, na páxina principal do aplicativo, un manual para orientar aos centros e ao profesorado sobre a dixitalización deste procedemento.
- Novos modelos de solicitudes de revisión no centro e de reclamación ante o/a Director/a Territorial.