G2502045 Abril oteriano 2026
A actividade está organizada pola Fundación Otero Pedrayo, institución cultural de referencia en Galicia vencellada ao estudo e difusión do legado intelectual de Ramón Otero Pedrayo.
A Fundación desenvolve de maneira continuada iniciativas de carácter investigador, divulgativo e formativo, colaborando con universidades, institucións culturais e administracións públicas. O Abril Oteriano, xunto co Premio Trasalba, constitúe unha das súas actividades máis consolidadas, integrándose nunha liña de traballo estable orientada á actualización crítica do pensamento oteriano e á súa proxección intelectual, académica, social e educativa.
A traxectoria da Fundación e o seu recoñecido prestixio institucional, xunto coa calidade de especialización dos participantes e conferenciantes invitados, avalan o rigor académico da programación presentada.
Venres 10 de abril
16:30 - 17:00 Control de asistencia.
17:00 - 17:30 Inauguración
- José López Campos, Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
- Eduardo López Pereira, Presidente da Fundación Ramón Otero Pedrayo
- Patricia Arias Chachero, Secretaria da Fundación Ramón Otero Pedrayo
- Xosé Antonio López Silva, Membro da comisión directiva da Fundación Ramón Otero Pedrayo
17:30 - 18:45 Conferencia inaugural e debate. "O meu don Ramón" por Siro López
18:45 - 19:00 Pausa
19:00 - 20:30 Mesa de ponencias: Otero Pedrayo. Literatura e Paisaxe con Dolores Vilavedra (Directora da Cátedra Otero Pedrayo, USC) e María López Sández (USC). Otero Pedrayo: un chanzo imprescindible na construción do imaxinario paisaxístico e territorial galego.
20:30- 21:00 Control de asistencia.
Sábado 11 de abril
09:30 - 10:00 Control de asistencia
10:00 - 11:30 Mesa de ponencias: Otero Pedrayo e o Grupo Nós con
-
Juan Casares Gándara. A amizade entre Cuevillas e Otero: semblanza ao estilo antigo.
-
Patricia Arias Chachero. Otero Pedrayo e Castelao. Historia dunha amizade
-
Serxio María Rodríguez Álvarez. Ramón Otero Pedrayo como símbolo político: nación, memoria e mito no galeguismo contemporáneo
11:30 - 12:00 Pausa.
12:00 - 13:30 Mesa de ponencias: Otero Pedrayo. Memoria e vocación intelectual con Víctor F. Freixanes e Ramón Villares
13:30 - 14:00 Control de asistencia.
16:00 - 16:30 Control de asistencia.
16:30 - 18.00 Mesa de ponencias: Otero Pedrayo. O Territorio como memoria. A Guía de Galicia (1926) con Manuel Gago (USC). O país que retrata Otero Pedrayo na Guía de Galicia. e Xosé Antonio López Silva. Ler Galicia no territorio: xeografía e historia entre a Guía de Galicia e o Ensayo histórico sobre la cultura gallega.
18:00 - 18:15 Clausura.
- Román Rodríguez González, Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP
- Rosa María Crujeiras Casais, Reitora da USC
- Eduardo López Pereira, Presidente da Fundación Ramón Otero Pedrayo
18:15 - 18:30 Entrega do II Premio Otero Pedrayo de relato breve
- Román Rodríguez González, Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP
- Rosa María Crujeiras Casais, Reitora da USC
- Eduardo López Pereira, Presidente da Fundación Ramón Otero Pedrayo
18:30 - 18:45 Pausa.
18:45 - 19:45 Actuación Coral Ruada. Clausura,
19:45 - 20:00 Control de asistencia
Enlace ao programa: