Título node Learning object
O Concello de Fonfría, responsable da Casa do Mestre-Museo Antonio Álvarez, coa coordinación técnica e supervisión científica da Universidade de Salamanca convoca a terceira edición do premio Memoria Escolar Rural, que pretende recoller e visibilizar a experiencia de quen foi escolar ou docente nas escolas rurais do noso país.
O seu obxectivo é estimular que esas persoas expresen por escrito as súas vivencias educativas e contribúan coa súa participación para conservar un conxunto de testemuños persoais sobre a escola rural española, unha realidade que, ao longo do pasado século e ata o presente, cambiou significativamente en termos culturais e materiais. Estes testemuños narrativos, documentais e fotográficos sumaranse á colección patrimonial acumulada nas primeiras edicións.
O prazo de admisión vai do 1 de marzo ao 31 de maio e todos os datos deberán ser reminitdos ao seguinte correo: observatoriosocial@usal.es.
Para máis información poden acudir ao documento adxunto ou visitar a web da Casa do Maestro-Museo Antonio Álvarez de Ceadea.