Resolución do 27 de febreiro de 2026 pola que se convoca a promoción da práctica da modalidade de baloncesto 3x3 e o fomento da participación e o desenvolvemento do alumnado para centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 25/26

Lun, 02/03/2026 - 08:54

Achégase a convocatoria para a selección de 30 centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que impartan 5º e 6º de Educación Primaria coa finalidade de promover a práctica da modalidade de baloncesto 3x3 e o fomento da participación e o desenvolvemento deportivo do alumnado.

Data límite para a inscrición ata o 17 de marzo de 2026, a través da ligazón https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/