Convocatoria de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados 2026
Mar, 24/02/2026 - 11:39
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca para o ano 2026 estadías formativas en empresas ou organismos equiparados destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e ás ensinanzas de réxime especial deportivas, de artes plásticas e deseño, de conservación e restauración de bens culturais e de música e artes escénicas.