Título node Learning object
Desde ARELAS, entidade comprometida coa defensa dos dereitos humanos e a igualdade, achégannos a información relativa a un certame de microrelatos sobre a "Realidade Trans", que realizarán con motivo do 31 de marzo, Día Internacional da Visibilidade Trans.
Este certame nace co obxectivo de xerar espazos de reflexión, expresión e sensibilización ao redor das experiencias das persoas trans, promovendo o respecto, a diversidade, a xustiza e a convivencia pacífica. Está pensado para que participe calquera persoa (as persoas menores de idade precisarán autorización ).
Premios como recoñecemento simbólico ao compromiso e a calidade do traballo presentado :
- 1º premio 150€
- 2º premio 100€
Prazo de presentación: Os microrelatos deberán ser enviados antes das 24 horas do día 27 de marzo.
Achegamos as bases do concurso e a autorización para as persoas menores de idade.