Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación
Xúntase a Resolución do 20 de febreiro de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).
O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 23 de febreiro ata o 6 de marzo de 2026, ambos incluídos.
-
Para formular RECLAMACIÓNS deberá proceder do seguinte xeito:
Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo da súa solicitude presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/
- Unha vez feita esta comprobación, acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
- Escolla o concurso de orientación e na opción Participación do menú poderá ver a súa solicitude validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.
- Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.
- Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".
- Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.
- Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED013A) do ano 2025 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.
- Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.
- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.
-
Para formular RENUNCIA deberá proceder do seguinte xeito:
- Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
- Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.
- Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".
- Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.
- Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso específico de Orientación (ED013A) do ano 2025 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.
- Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.
- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.
Orde do 17 de novembro de 2025 (DOG)
Resolución provisional do concurso específico de Orientación
Relación provisional de persoas excluídas
Resolución definitiva do concurso específico de Orientación
Relación definitiva de persoas excluídas do concurso específico de Orientación
Resolución definitiva do concurso específico de Orientación (DOG)