Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados entre persoal funcionario docente non universitario

Ven, 20/02/2026 - 12:40

Xúntase a Resolución do 20 de febreiro de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

 

O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 23 de febreiro ata o 6 de marzo de 2026, ambos incluídos.

  • Para formular RECLAMACIÓNS deberá proceder do seguinte xeito:

    a) para reclamar ao baremo provisional

    Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo da súa solicitude presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/

    1. Unha vez feita esta comprobación, acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
    2. Na opción Participación do menú poderá ver a súa solicitude validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.
    3. Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións e aportar a documentación.
    4. Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".
    5. Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.
    6. Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2025 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.
    7. Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.
    8. Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

     

    b) para reclamar á exclusión provisional

    Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/), localizando o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2025, premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.

     

  • Para formular RENUNCIA deberá proceder do seguinte xeito:

    1. Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
    2. Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.
    3. Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".
    4. Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.
    5. Unha vez descargado no buzón de informes e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2025 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.
    6. Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.
    7. Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

     

 

PDF icon Orde do 23 de outubro de 2025 (DOG)

PDF icon Instrución nº 10/2025

PDF icon Publicación Resolución comisión avaliadora (DOG)

PDF icon Resolución do 4 de febreiro de 2026 (vacantes provisionais)

PDF icon Anexo I: Vacantes provisionais do corpo 555

PDF icon Anexo II: Vacantes provisionais do corpo 590

PDF icon Anexo III: Vacantes provisionais do corpo 592

PDF icon Anexo IV: Vacantes provisionais do corpo 593

PDF icon Anexo V: Vacantes provisionais do corpo 594

PDF icon Anexo VI: Vacantes provisionais do corpo 595

PDF icon Anexo VII: Vacantes provisionais do corpo 596

PDF icon Anexo VIII: Vacantes provisionais do corpo 597

PDF icon Anexo IX: Vacantes provisionais do corpo 598

PDF icon Resolución provisional

PDF icon Relación provisional de persoas excluídas (Primaria)

PDF icon Relación provisional de persoas excluídas (Secundaria)

PDF icon Adxudicación provisional primaria

PDF icon Adxudicación provisional secundaria (por orde alfabética)

PDF icon Adxudicación provisional secundaria (por especialidade)

PDF icon Adxudicación provisional funcionarios en prácticas (ensinanzas secundaria, formación profesional, artísticas e idiomas)

PDF icon Adxudicación provisional funcionarios en prácticas (inspectores)

PDF icon Adxudicación provisional inspectores (por orde alfabética)

PDF icon Resolución do 9 de abril de 2026 (vacantes definitivas)

PDF icon Anexo I: Vacantes definitivas do corpo 555

PDF icon Anexo II: Vacantes definitivas do corpo 590

PDF icon Anexo III: Vacantes definitivas do corpo 592

PDF icon Anexo IV: Vacantes definitivas do corpo 593

PDF icon Anexo V: Vacantes definitivas do corpo 594

PDF icon Anexo VI: Vacantes definitivas do corpo 595

PDF icon Anexo VII: Vacantes definitivas do corpo 596

PDF icon Anexo VIII: Vacantes definitivas do corpo 597

PDF icon Anexo IX: Vacantes definitivas do corpo 598

PDF icon Resolución definitiva

PDF icon Anexo I Adxudicación definitiva Primaria

PDF icon Anexo II Adxudicación definitiva concurso traslados Secundaria e outros

PDF icon Anexo III Expectativa de destino Primaria

PDF icon Anexo IV Expectativa de destino Secundaria e outros

PDF icon Anexo V Relación de persoas excluídas Primaria

PDF icon Anexo VI Relación de persoas excluídas Secundaria e outros