Título node Learning object

Matemáticas na Rúa
Mar, 10/02/2026 - 09:17
Mates na rúa

A Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática AGAPEMA vén de convocar a actividade Matemáticas na Rúa 2026

Este ano celebrarase o 15 de marzo na Praza Maior de Lugo.

Nesta actividade profesoras, profesores e amantes das matemáticas sácanas fóra do contexto académico para levalas á rúa e achegalas ao público xeral, facéndoas atractivas e accesibles á cidadanía. Apóstase por un enfoque lúdico e festivo das matemáticas xerando un clima de lecer ao redor das mesmas que permite romper cos mitos que as rodean. Ademais, fomenta a colaboración interxeracional e de distintos niveis de formación.

Toda a información relativa a esta edición pódese atopar en: https://agapema.org/actividades/matematicas-na-rua/