Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao programa PIALE para o ano 2026
Mar, 03/02/2026 - 09:32
Achégase a Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE)
O prazo para a presentación de solicitudes abrangue desde o 4 de febreiro ata o 24 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos.
A solicitude realizarase a través do aplicativo https://www.edu.xunta.gal/piale/