×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Alerta meteorolóxica 23-I-2026

Xov, 22/01/2026 - 14:26

A AEMET e Meteogalicia informan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por NEVE en terra na provincia de Ourense (todas as zonas), Lugo (zonas Montaña, Sur e Centro) e Pontevedra (Interior), e de nivel VERMELLO por FENÓMENOS COSTEIROS en Coruña (Noroeste, Oeste e Suroeste), Lugo (A Mariña) e Pontevedra (Rías Baixas e Miño) do día 23 de xaneiro de 2026.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN DE CLASES E TRANSPORTE ESCOLAR na xornada do 23 de xaneiro de 2026 na provincia de Ourense (todas as zonas), Lugo (zonas Montaña, Sur e Centro) e Pontevedra (Interior) segundo o Anexo I.
  2. A SUSPENSIÓN da actividade no exterior na xornada do 23 xaneiro de 2026 en Coruña (Noroeste, Oeste e Suroeste), Lugo (A Mariña) e Pontevedra (Rías Baixas e Miño) segundo o Anexo II.