G2503004 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Celso Emilio Ferreiro en Vigo

Xov, 22/01/2026 - 09:46
G2503004  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Celso Emilio Ferreiro en Vigo

Gústache a poesía de Celso Emilio Ferreiro? Daquela vas adorar coñecer a Pontevedra e o Vigo de Celso Emilio.

Nesta visita  descubrimos Pontevedra e Vigo a través da vida e das palabras de Celso Emilio Ferreiro, paseando polos lugares frecuentados polo poeta e que se atopan mencionados na súa obra.

Ao mesmo tempo redescubrimos o Celso Emilio através de Vigo e Pontevedra, as cidades por el máis amadas, onde viivu, onde pasou parte da súa vida e onde finou. Paseamos polos espazos máis significativos da vida de CEF, deixándonos acompañar polas palabras que o poeta escrebiu sobre Vigo e Pontvedra. A casa onde viviu, onde foi feliz, onde tivo os seus fillos, a tasca na que se reunía con outros artistas e amigos, as rúas que percoría de maior… Estes espazos revélanse como testemuños e cómplices literarios de CEF.

 

Datos importantes:

  • Data: sábado 21 de marzo 2026
  • Relator: Ramón Nicolás
  • Horario: das 10:00 ás 14:00h e das 16:00 ás 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2503004
  • Lugar: Vigo

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI