1ª edición do concurso “O noso canto: máis voces, máis igualdade”.
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Consellería de Política Social e Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocan neste 2026 a 1ª edición do concurso “O noso canto: máis voces, máis igualdade”.
O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos de Galicia a través da reflexión, a creatividade e a expresión artística ao redor do feminismo interxeneracional.
Participantes: Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, ESO, bacharelato e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
Categorías:
Modalidade musical: versión da canción “O noso canto” o Unha única categoría na que poderá participar alumnado de diferentes cursos e sen límite de participantes.
Modalidade gráfica: representación da letra de “O noso canto”
- 1ª Categoría. - Alumnado de infantil , 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.
- 2ª Categoría. - Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.
- 3ª Categoría. - Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.
Presentación das solicitudes: Os centros que desexen participar neste concurso poderán facelo dende o día seguinte ao de publicación das bases nas páxinas web de Igualdade e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa ata o día 17 de marzo de 2026, ás 15:00 horas.
Máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/igualdade