Título node Learning object

1ª EDICIÓN DO CONCURSO “O NOSO CANTO: MÁIS VOCES, MÁIS IGUALDADE”
Lun, 19/01/2026 - 07:46
8M

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Consellería de Política Social e Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocan neste 2026 a 1ª edición do concurso “O noso canto: máis voces, máis igualdade”.

OBXECTO DO CONCURSO: O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos de Galicia a través da reflexión, a creatividade e a expresión artística ao redor do feminismo interxeneracional.

PARTICIPANTES: Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, ESO, bacharelato e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

MODALIDADES: En canto á participación do alumnado, haberá dúas modalidades:

  • A modalidade musical: poderá realizarse individualmente ou en grupo. Poderá participar parte ou todo o alumnado e profesorado do centro.

  • A modalidade gráfica: poderá realizarse individualmente ou en grupo, a través de equipos constituídos por un máximo de 8 alumnos e alumnas.

CATEGORÍAS:

  • Na modalidade musical, unha única categoría por centro.
  • Na modalidade gráfica:

- 1ª Categoría.- Alumnado de infantil , 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

- 2ª Categoría.- Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.

- 3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

PREMIOS:

  • Na modalidade musical Os premios consistirán nun cheque regalo para o centro educativo para investir en instrumentos musicais e tecnoloxía de produción e reprodución musical e un lote de libros. Haberá dous premios: O primeiro premio recibirá un cheque valorado en 1000€ e o segundo un cheque valorado en 750€.
  • Na modalidade gráfica: Os premios consistirán nun cheque regalo para investir no comercio local en material didáctico, deportivo ou tecnolóxico, para cada un dos alumnos e alumnas integrantes do equipo gañador, así como un lote de libros para o centro. Haberá dous premios por categoría. No primeiro premio os cheques serán por valor de 100€ e no segundo premio de 50€.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 17 de marzo de 2026, ás 15:00 horas.

Pódense consultar as bases completas no documento anexo.