Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral 2026
Programa: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG: 27.01.2026
Código do procedemento: ED481B
Prazo de presentación de solicitudes: do 28.01.2026 ao 27.02.2026
Cal é o obxecto destas axudas?
A finalidade deste programa de axudas á etapa de formación posdoutoral, dun máximo de 6 anos de duración, é incrementar a incorporación do persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego, fomentando a adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos nos axentes que conforman o sistema e permitindo a súa mobilidade internacional para mellorar a súa formación e capacitación. Isto lógrase en dúas fases diferenciadas:
-
A primeira, durante os tres anos iniciais do programa, permite a mellora das súas capacidades mediante estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro.
-
A segunda, durante os tres últimos anos, posibilita a continuación da súa formación posdoutoral, co establecemento dunha liña de investigación propia que lles permitirá, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.