Axudas a centros docentes privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Ven, 09/01/2026 - 13:16
Logo auxiliares de conversa

Achégase a ORDE do 16 de decembro de 2025 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2025/26 coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E)

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.