Continuidade da Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP

Lun, 22/12/2025 - 15:17

Publicada a Resolución do 19 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se dá continuidade á Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no período de xaneiro a xullo de 2026, creada pola Resolución do 27 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.