S2503004 O patrimonio histórico e cultural local como recurso educativo

Francisco Asorey, unha recuperación necesaria
O escultor que lle deu alma a Galicia en pedra e madeira
Sáb, 20/12/2025 - 20:32
S2503004  O patrimonio histórico e cultural local como recurso educativo

Francisco Asorey é o escultor galego máis importante da primeira metade do século XX, relevante tamén a nivel nacional. Fórmase no naturalismo e no modernismo ou simbolismo, estilos nos que realizará as súas primeiras obras e que despois evolucionará cara ao rexionalismo e un estilo moi personal.

A súa obra escultórica atópase esparexida por toda Latinoamérica e España, onde destaca Galicia e sobretodo Santiago de Compostela, cidade na que viviu e na que  tivo os seus dous obradoiros dos que saíron toda as súas producións.

 

 

A actividade presenta tres partes:

  • Pola mañá:
    • Conferencia "A vida e a obra de Francisco Asorey" por Maribel Iglesias Baldonedo.
    • Percorrido pola compostela de Francisco Asorey: IES Rosalía de Castro, ao carón do busto de José Ibáñez que se conserva no instituto, obradoiros de Caramoniña e Santa Clara, Campiño do Carme, as placas a Bernardo Barreiro ou ao doutor Carracido, os bustos de Lino Torres e Ramón Aller do edificio do reitorado, ou o retrato da súa esposa que se garda no Pazo de Raxoi, a Facultade de Medicina, onde traballou Asorey como escultor anatómico e onde se verán diferentes placas e os bustos de Roberto Novoa Santos ou Alejandro Rodríguez Cadarso, Museo do Pobo Galego, Panteón de Galegos Ilustres onde está soterrado, Hotel Compostela, escultura de San Franciso de Asís...
  • Pola tarde:
    • Visita guiada á exposición: Francisco Asorey, unha recuperación necesaria. Entre as pezas destacadas inclúense algúns dos seus primeiros traballos máis notables, como Lo Jondo (1914) e Cabaleiros negros (1915); a escultura de San Francisco que lle valeu a primeira medalla na Exposición Nacional de 1926 e tamén as esculturas femininas Naiciña (1921), Ofrenda a San Ramón (1923) e O Tesouro (1924), nas que sintetiza os valores da cultura popular galega e reivindica a resistencia do rural. Tamén o espectacular Cristo de Moià (1952), unha obra de madurez na que parte dos valores románicos para presentar unha crucifixión desacougante e reflexiva á vez sobre o sufrimento e a inmortalidade. 

Datos de interese:

  • Código en fprofe: S2503004
  • Título:  O patrimonio histórico e cultural local como recurso educativo 
  • Data: 17 de xaneiro de 2026
  • Relatora: Maribel Iglesias Baldonedo

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI