Resolución provisional de centros admitidos na Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2025/26
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, conforme o disposto no apartado noveno da Resolución do 25 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que convoca a participación dos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2025/26.
Os centros educativos dispoñerán de 3 días hábiles para presentar as súas reclamacións a través dos medios indicados no mencionado apartado da devandita Resolución.