Román Rodríguez felicita ao alumnado do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón, de Santiago, pola creación das estatuíñas dos Premios Rebulir 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe o Centro de Educación Especial Manuel López Navalón, de Santiago de Compostela, para participar na presentación das estatuíñas e agasallos de cerámica elaborados polo seu alumnado que se entregarán como galardón dos Premios do Festival Rebulir da Cultura Galega 2025, que se celebran do 18 ao 20 de decembro.
O titular de Educación do Goberno galego, que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, felicitou ao profesorado e aos estudantes deste centro polo esforzo e dedicación que demostran cada ano na elaboración destas pezas e cuxa entrega xa é unha tradición por estas datas. O Centro de Educación Especial Manuel López Navalón e o Festival Internacional Rebulir colaboran desde o 2019 na creación das estatuíñas que se entregan na gala anual do festival.