Convocatoria e selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de primaria e secundaria durante o curso 2025/26
Xov, 27/11/2025 - 11:02
Convocada a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2025/26.
O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 28 de novembro ao 19 de decembro de 2025, ambos incluídos.
A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos.
Seleccionarase Programas de Éxito Educativo - convocatoria 2025/2026 e a continuación, Programa Spring Week - Centros Públicos 2025-26.