Resolución pola que se convoca a participación na Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2025/26
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 25 de novembro de 2025 pola que se convoca a participación dos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2025/26.
Os centros que desexen incorporarse a dita Rede, así como os que xa formaron parte dela durante o curso 2024/25 e queren continuar na mesma, deberán formalizar a súa solicitude a través da aplicación de Programas educativos (https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/).
O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días hábiles a partires do día seguinte á publicación da presente Resolución no Portal Educativo.