Título node Learning object

Guía de linguaxe non sexista e inclusiva
Lun, 24/11/2025 - 11:35
Asesoria de igualdade

No marco do I Plan de igualdade da Xunta de Galicia, elaborouse unha Guía de linguaxe non sexista e inclusiva, co obxectivo de proporcionar orientacións, tanto nas comunicacións interpersoais no eido laboral como na redacción de comunicados e documentos oficiais. 

A súa elaboración dá cumprimento ao disposto na Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, que establece a obriga de empregar unha linguaxe non sexista por parte das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta guía é un manual práctico, moi visual e cun deseño actual, coa que podemos aspirar a ter unha comunicación non sexista e inclusiva sen complicacións, que resulte lixeira e natural. Para iso, compartimos múltiples ferramentas que nos permiten construír unha linguaxe que cumpra estas expectativas.

Esta dispoñible en dous formatos: