Título node Learning object
O 25N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, no que todo o mundo fixa a súa mirada na loita contra a violencia de xénero.
No ámbito educativo promover a igualdade e a convivencia baseada no respecto é fundamental para que o noso alumnado tome conciencia da realidade da violencia de xénero e aprenda a recoñecela en todas as súas formas. Abordar este día nas nosas aulas achéganos máis a construír espazos escolares máis seguros e inclusivos pois a igualdade é unha responsabilidade colectiva. Todas as persoas podemos contribuír a erradicar a violencia de xénero.
A Consellería de política Social e Igualdade na súa páxina web, dispón de todo tipo de materiais sobre esta campaña, podedes descargala premendo na seginte ligazón.
Outros recursos de interese:
- LIBROS DE LECTURA
Taboleiro de Pinterest cunha selección de libros
Rede de bibliotecas de Galicia
Bibliotecas escolares de Galicia
- MATERIAIS DE CONSULTA PARA O PROFESORADO
Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo
Informe Grevio contra a violencia de xénero
- MATERIAIS AUDIVISUAIS
Taboleiro de Pinterest sobre cine e xénero