G2502039 Biografías lingüísticas e transmisión do galego

Biografías lingüísticas e transmisión do galego. Unha mirada crítica
Mér, 19/11/2025 - 07:06
Biografías lingüísticas e transmisión do galego. Unha mirada crítica

Este curso propón un espazo de reflexión e acción para o profesorado de ensino primario e secundario (especialidades de Lingua galega e literatura e de Lingua castelá e literatura), centrado na conciencia lingüística crítica como metodoloxía que nos permite reflexionar sobre a transmisión interxeracional da lingua galega e a súa incorporación ás biografías lingüísticas do alumnado.

A formación ten como obxectivo recoñecer e valorizar os repertorios lingüísticos do alumnado, promovendo prácticas pedagóxicas inclusivas que integren as TIC como ferramentas de empoderamento e participación. Ao longo das sesións, presentarase unha selección de materiais e experiencias innovadoras que contribúen á revitalización do galego e ao cuestionamento das ideoloxías lingüísticas hexemónicas.

O curso combinará actividades prácticas, análise de biografías lingüísticas e elaboración de proxectos colaborativos, fomentando unha docencia transformadora, comprometida coa diversidade lingüística e cultural.

Datos de interese:

  • Código en fprofe: G2502039
  • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC
  • Data: 29 de novembro
  • Programa:

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI