Resolución definitiva de centros seleccionados no Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade PIE para o curso 2025/26
Mar, 11/11/2025 - 13:08
Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados e excluídos conforme ao disposto no apartado 10 da Resolución do 9 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE), dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2025/26.