Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional da bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en módulos do ciclo superior de Formación para a Mobilidade Segura e Sostible durante o curso 2025/26
Xúntase a Resolución do 31 de outubro de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración dunha bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2025/26.
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional mediante un escrito dirixido á persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento PR004A, opción “Alegacións”, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no citado portal de Internet da consellería.
- Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
- Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.
Resolución 21 de outubro de 2025 bolsa persoal experto
Anexo I - Declaración responsable e autorización para a consulta de datos persoais
Resolución provisional do 31 de outubro de 2025 bolsa persoal experto
Baremo provisional bolsa persoal experto
Relación provisonal excluídos bolsa persoal experto
Resolución definitiva do 25 de novembro de 2025 bolsa persoal experto