Resolución provisional de centros admitidos e non admitidos en Plan Proxecta+ 2025/26
Lun, 27/10/2025 - 14:01
Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no apartado 11 da Resolución do 3 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2025/26.
Os centros educativos dispoñen de 5 días hábiles para presentar renuncias ou reclamacións a través dos medios electrónicos indicados na devandita resolución.