Publicación da listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025/2026 do corpo de mestres, Orientación (597039)

Mér, 22/10/2025 - 11:58

Xúntase a Resolución do 22 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e pública a listaxe provisoria de persoas admitidas e a relación provisoria de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025/26 correspondentes á lista de Orientación do corpo de mestres.

 

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de febreiro de 2025 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións á lista provisional ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Alegacións” da solicitude no corpo e especialidade correspondente, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de Internet da Consellería de Educación, Ciencia Universidades e Formación Profesional.

 

Prazo de presentación de alegacións: do día 23 ao día 29 de outubro de 2025, ambos incluídos.

 

Non se admitirán alegacións/reclamacións formuladas mediante correo electrónico.

 

A listaxe provisoria de persoas admitidas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/