Proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial 2025-2026
Mar, 14/10/2025 - 12:22
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca proxectos de formación específicos para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial en centros públicos para o curso 2025-2026.