Título node Learning object
Coa finalidade de promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero na poboación infantil e adolescente e co obxecto de premiar o compromiso e implicación dos centros educativos públicos da provincia que presenten un proxecto educativo que promova a igualdade entre homes e mulleres, levando a cabo medidas para a erradicación da violencia e encamiñadas á consecución da igualdade real, a Deputación da Coruña convoca o XII Premio “Concepción Arenal” a proxectos educativos pola igualdade de xénero.
O obxecto do certame é deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades reais entre sexos, así como a igualdade de trato e a non discriminación por razón de orientación sexual e identidades de xénero. O premio concederase ao mellor proxecto educativo en cada unha das tres modalidades que se sinalan no punto 1.1. Premiarase o proxecto de actividades de centro no que se traballe a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporando de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, diversidade etc. a promoción da empatía e autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.
Establécense tres premios de 5.000 €, un por cada modalidade:
- A. Educación infantil
- B. Educación primaria
- C. Educación secundaria, bacharelato e formación profesional básica e grao medio.
O prazo de presentación de proxectos remata ás 14:00 horas do día 30 de outubro de 2025.