Resolución do 26 de setembro de 2025 das listaxes coas puntuacións definitivas nas prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña e Ourense para o curso 2025/26 nos que se abriu o período extraordinario

Ven, 26/09/2025 - 09:34

Resolución do 26 de setembro de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións definitivas de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 27 de maio de 2025 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2025/26 (DOG núm. 117, do 20 de xuño).

 

As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

 

Prazo para interpoñer o recurso: 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais (entre o 27 de setembro e o 27 de outubro de 2025, ambos incluídos).