Listas provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025/2026
Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025-2026 correspondente aos corpos de profesores de ensino secundario e de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional
As persoas participantes poderán formular alegacións á lista provisional ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Alegacións” da solicitude no corpo e especialidade correspondente, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Prazo: do 26 de setembro ata o 2 de outubro, ambos incluidos.