Convocatoria do programa Lectura e familias para centros públicos non universitarios, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2025/26

Lun, 22/09/2025 - 10:15
Logo lectura e familias, lombos duns libros apoiados

Resolución do 16 de xullo de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa LECTURA E FAMILIAS, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2025/26.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.

Todo o procedemento de solicitude realizarase a través da aplicación informática programas bibliotecas (https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/).