Ampliación de prazo de presentación de candidaturas e incorporación da posibilidade das aulas hospitalarias para concorrer aos Premios en Innovación Educativa "Innovagal" 2025
Mar, 16/09/2025 - 15:07
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de ampliar o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios en Innovación Educativa “Innovagal”, que recoñecen e premian as boas prácticas e proxectos innovadores no eido do ensino. O prazo estará aberto ata o 31 de outubro.
Asimesmo, coa vontade de recoñecer e poñer en valor o papel esencial na atención educativa do alumnado en situacións de hospitalización, nesta convocatoria tamén poderán presentar as súas candidaturas na categoría B aquelas iniciativas desenvolvidas nas aulas hospitalarias.