Convocatoria do programa Biblioteca Creativa para centros públicos non universitarios, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2025/26
Xúntase a Resolución do 16 de xullo de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa de BIBLIOTECA CREATIVA, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) para apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos no seo das bibliotecas escolares dos centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para curso 2025/26.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.
Todo o procedemento de solicitude realizarase a través da aplicación informática programas bibliotecas (https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/).