Resolución do 12 de setembro de 2025 das listaxes coas puntuacións provisionais nas prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña e Ourense para o curso 2025/26 nos que se abriu o período extraordinario

Ven, 12/09/2025 - 12:36

Resolución do 12 de setembro de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 27 de maio de 2025 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2025/26 (DOG núm. 117, do 20 de xuño).

 

As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración.

 

Prazo para presentar reclamación: entre o 15 e o 19 de setembro de 2025 (ambos incluídos).