Metodoloxías activas en educación

Aberto o prazo de inscripción para os cursos "Metodoloxías activas en educación" con sede: 1. CFR Coruña - sección Vimianzo (no IES Terra de Soneira) 2. CFR Coruña - Edificio UNED
Mér, 10/09/2025 - 17:12
Metodoloxía activas en educación
Metodoloxías activas en educación

Metodoloxías activas en educación

Referencia: C2501032
Temporalización:  23/10/2025  -  08/11/2025
Data límite de inscrición: 25/09/2025
Lugar: CFR de A Coruña na sección de Vimianzo (IES Terra de Soneira)

----------------------------------------------------------

Metodoloxías activas en educación

Referencia: C2501033
Temporalización:  11/10/2025  -  05/11/2025
Data límite de inscrición: 25/09/2025
LugarAula 4.3 CFR de A Coruña

---------------------------------------------------------
Prazas:  20

Horas presenciais: 20

Competencias profesionais e Indicadores de competencias

Competencia didáctica - Acompañamento e avaliación - Básico - Identifica e aplica diferentes estratexias, instrumentos e procedementos de avaliación competencial que permiten valorar o progreso do alumnado, atender a súa diversidade e detectar as necesidades de formación

Competencia didáctica - Didácticas específicas e metodoloxías - Básico - Coñece e aplica diversas propostas didácticas e metodolóxicas a nivel xeral.

Obxectivos

1.Identificar estratexias de xestión da aprendizaxe fomentando a inclusión do alumnado.

2.Deseñar unha proposta didáctica innovadora, tendo en conta o desenvolvemento competencial e a creatividade.

3.Achegar técnicas e instrumentos de avaliación.

Contidos

1.Formación en metodoloxías activas a través do traballo colaborativo, da docencia compartida e da figura alumno/a-titor/a.

2.Deseño dunha proposta didáctica.

3.Técnicas e instrumentos de avaliación.

Observacións prazas: 
Esta actividade procede de: Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe activa en educación infantil e primaria e Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe activa en educación secundaria no curso 2023-24

Máis información e matrícula en FPROFE