Convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25 en centros públicos de Galicia
Mér, 10/09/2025 - 09:14
Xúntase a Orde do 26 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.