Convocatoria do programa Radio na Biblio, para centros públicos non universitarios, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2025/26

Lun, 08/09/2025 - 10:35
Logo radio na biblio

Xúntase a Resolución do 20 de xuño de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa RADIO NA BIBLIO, no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe)  para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2025/26.  

O prazo de presentación de solicitudes, será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.

Todo o procedemento de solicitude realizarase a través da aplicación informática programas bibliotecas (https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/).