Renovación do equipamento dos centros de ensino público
Mér, 03/09/2025 - 11:37
Está aberto o prazo para que os centros de ensino público dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional fagan as solicitudes de renovación de equipamento mobiliario, didáctico e deportivo.
Para iso, deberán cubrir a solicitude e enviala á Inspección Educativa, para o seu visto e prace, antes do 31 de outubro de 2025: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/496
Na seguinte ligazón poden ver os catálogos do material dispoñible, incluíndo os novos catálogos: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/495