Desgravacións fiscais na compra de libros de texto e material escolar
Desde este curso, a Xunta de Galicia pon en marcha un programa de desgravacións fiscais pola compra de libros de texto e material escolar.
A quen vai dirixido?
A familias con fillos en Primaria e ESO con rendas per cápita superiores a 10.000€ e ata 30.000€.
As familias con rendas per cápita inferiores a 10.000€ seguen dispoñendo das axudas para compra de libros de texto e préstamo do fondo solidario, así como o bono de material.
En que consiste?
Cada familia poderá desgravar o 15% do gasto nestes fins ata un máximo de 105€ por fillo/a
Cando se aplicará?
Na Declaración da Renda das Persoas Físicas de 2026, correspondente ao exercicio 2025.
Como se fai?
Será necesario presentar as facturas correspondentes a compras realizadas entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2025.
Onde podes consultar todos os detalles?
Tes toda a información na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260327/AnuncioG0597-260326-0002_gl.html