Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas correspondente ao concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido)
Xúntase a Resolución do 7 de agosto de 2025 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, as puntuacións definitivas e a adxudicación definitiva correspondente ao concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (o Reino Unido) convocado mediante a Orde do 5 de xuño de 2025 (DOG n.º 115, do 18 de xuño, corrección de erros DOG nº.119, do 24 de xuño)
As persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) utilizando o modelo xenérico (PR004A).
Orde do 5 de xuño de 2025 (convocatoria DOG)
Resolución provisional do 29 de xullo de 2025
Anexo I: Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional
Anexo II: Adxudicación provisional
Resolución definitiva do 7 de agosto de 2025
Anexo I: Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo