Resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes para o curso académico 2025/26 e instrucións toma de posesión

Ven, 01/08/2025 - 14:12

Xúntase Resolución do 1 de agosto de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2025/26 ao persoal dos corpos docentes que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo de acordo co establecido no artigo 37.d) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (DOG núm. 113, do 14 de xuño) e o punto quinto da Resolución do 11 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 20 de xuño) da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.