Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, de puntuacións definitivas e de adxudicación definitiva correspondente ao concurso específico de méritos de prazas sometidas a convenio ou a programas específicos
Xúntase a Resolución do 01 de agosto de 2025 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado mediante a Orde do 23 de xuño de 2025 (DOG n.º 122, do 27 de xuño).
As persoas interesadas disporán do prazo dun mes para formular recurso de reposición por medios electrónicos no procedemento normalizado ED013C contra a Orde pola que se resolve a adxudicación definitiva unha vez publicada no DOG.
Orde do 23 de xuño de 2025 que deixa sen efecto a Orde de 5 de xuño de 2025(DOG)
Nova Orde de convocatoria de concurso de méritos específico de Convenios (DOG)
Resolución provisional do 23 de xullo de 2024
Anexo I: Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional
Anexo II: Adxudicación provisional
Resolución definitiva do 01 de agosto de 2025
Anexo I: Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo